ALA.NI | Festival MARÉ 2026
CelebradoMúsica
Dónde Teatro PrincipalRúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España |
Cuándo26 de septiembre de 2026 |
OrganizaNordesía Producións |
Preciodesde 18.95€ |
Fuenteenterticket.es ↗ |
Cun florido estilo jazz minimalista como leme, a artista británica ALA.NI chega a Maré para amosarnos por que, entre os seus moitos logros, colaborou con figuras como Damon Albarn ou Mary J. Bige. Posuída por unha voz suspendida no tempo, a elegancia outonal que exuda en cada unha das súas actuacións representa un acto emocional que desafía as etiquetas convencionais e as tendencias fugaces, tal que en “You & I” (2016), o álbum co que estendeu as súas ás como artista en solitario, construíndo unha carreira que atopa o seu pleno significado na súa conexión directa co público.  Encontros cara a cara nunha experiencia maxestuosa que bebe dos ancestros mediante un halo de atmosférica condición atemporal. Ou, noutras palabras: o meridiano preciso onde a tradición e modernidade se nutren dunha mirada bipolar que lembra tanto a Sade como a Ibeyi. Agardamos por vós o vindeiro sábado 26 de setembro no Teatro Principal. Páxina web:  mare.gal Facebook:  @mare.compostela Instagram:   @mare_compostela Canle de Youtube Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail  mare@mare.gal