Marcos Coll presenta "Ronsel" | Festival MARÉ 2026
CelebradoMúsica
Dónde Teatro PrincipalRúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España |
Cuándo25 de septiembre de 2026 |
OrganizaNordesía Producións |
Preciodesde 18.95€ |
Fuenteenterticket.es ↗ |
O virtuoso da harmónica Marcos Coll arriba no Maré para presentar o seu novo disco “Ronsel”; unha viaxe polas paixases sonoras que o acompañaron ao longo da súa vida, de Galicia á Mancha pasando por América Latina. Un proxecto no que o blues conversa coa música de raíz ibérica nun diálogo aberto con convidados de excepción como a lenda do blues Charlie Musselwhite, a alma atlántica de A Pedreira, a enerxía de Julián Hernández (Siniestro Total) e os seus compañeiros de camiño desde hai anos, Emiliano Juárez e Javi Collado. Un disco profundamente persoal no que Marcos Coll debuta como cantante e engade coa súa voz unha nova dimensión a un repertorio composto maioritariamente por cancións propias, no que a harmónica deixa de ser a única narradora para compartir protagonismo cunhas letras que falan de memoria, movemento, identidade e pertenza. Agardamos por vós o vindeiro venres 25 de setembro no Teatro Principal. Páxina web:  mare.gal Facebook:  @mare.compostela Instagram:   @mare_compostela Canle de Youtube Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail  mare@mare.gal