Magalí Sare e Vox Stellae | Festival MARÉ 2026
CelebradoMúsica
Dónde Teatro PrincipalRúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España |
Cuándo23 de septiembre de 2026 |
OrganizaNordesía Producións |
Preciodesde 18.95€ |
Fuenteenterticket.es ↗ |
A marea ábrese paso co universo sonoro de Magalí Sare. Esta voz prodixiosa inaugurará o festival  MARÉ, no que presentará o seu novo proxecto, Descasada Vol 1. Un álbum abertamente feminista que desborda talento e sensibilidade, froito de tres anos de investigación e recompilación de cancións tradicionais de distintas culturas que dan voz ás mulleres e a súa experiencia co matrimonio. Unha travesía sonora na que o cerne é a sororidade, o que nos conecta coa esencia da nosa querida Begoña Caamaño -a quen este ano se lle adicaron as Letras Galegas- por reinvindicar ámbalas dúas na súa obra o protagonismo radical (do étimo radicalis, de raíz) das historias de mulleres. É o seu  un traballo de comunidade musical, unha polifonía conceptual e vocal, no que o folclore iberoamericano se mestura coa música clásica, o canto coral ou o jazz; e no que conflúen cancións en 12 idiomas distintos, entre eles o galego. Para a ocasión estará acompañada do coro de cámara compostelán Vox Stellae nunha colaboración do máis especial que envolverá ao público nunha atmosfera máxica. Agardamos por vós o vindeiro mércores 23 de setembro no Teatro Principal. Páxina web:  mare.gal Facebook:  @mare.compostela Instagram:   @mare_compostela Canle de Youtube Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail  mare@mare.gal