I Feira de Stock dos Comercios de Verín, DESESTOCA
CelebradoSin clasificar
Dónde Parque AlamedaVerín |
Cuándo30 de agosto – 31 de agosto de 2026 |
Fuenteverin.es ↗ |
O Parque da Alameda acollerá o vindeiro domingo 30 de agosto a I Feira de Stock dos Comercios de Verín, DESESTOCA, unha iniciativa organizada por AEVER e o Centro Comercial Urbano Verín, e cofinanciada pola Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Verín. A feira nace coa intención de sacar o comercio local á rúa e crear unha xornada de encontro na que veciñanza e visitantes poidan aproveitar prezos especiais e oportunidades de compra nun ambiente diferente e pensado para todos os públicos. Durante a xornada, os establecementos participantes ofrecerán unha ampla variedade de produtos, entre eles roupa, xoias, calzado e artigos de decoración, convertendo o Parque da Alameda nun gran escaparate do comercio de proximidade de Verín. A proposta irá máis alá das compras e contará tamén cunha programación complementaria destinada a favorecer un ambiente familiar e festivo. Entre as actividades previstas haberá música e sesión DJ, así como unha xincana e diferentes propostas para os máis pequenos, que se desenvolverán entre as 12:00 e as 15:00 horas. Con DESESTOCA búscase tamén reforzar o Parque da Alameda como espazo de convivencia e dinamización, favorecendo que a cidadanía poida pasear, mercar e desfrutar dunha xornada diferente no corazón da vila. O Concello de Verín colabora deste xeito nunha nova iniciativa destinada a apoiar e visibilizar o comercio de proximidade, contribuíndo á dinamización económica e social da vila e fomentando o consumo nos establecementos locais.